Actualidade > Proxectos e convenios

Proxectos e convenios

Proxectos e convenios

Proxectos e convenios

A Finca Mouriscade, como organismo sen ánimo de lucro, desenvolve proxectos de investigación a nivel nacional e internacional, tanto con institucións públicas coma privadas.

Actualmente a Deputación e a Finca Mouriscade manteñen convenios e contratos con diferentes entidades:

  • Empresas fabricantes de pensos
  • Empresas de seguridade alimentaria
  • Empresas de servizos de asesoramento

Os principais acordos asinados son o convenio coa Confederación de Asociacións de Frisoa Española para desenvolver a avaliación xenómica de eficiencia enerxética na raza bovina frisoa, ademais dos contratos con De Heus Nutrición Animal, S. A. U., para a cobertura técnico-analítica e o coñecemento dos parámetros de calidade de materias primas e produtos terminados procedentes das súas fábricas, e con Seguridad Alimentaria del Noroeste, S. L. U., (SANOR), para a cobertura técnico-analítica dos parámetros das materias primas e a prestación do servizo de recollida de mostras nos portos de Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ribadeo.