Servizos > Planta de Biogás

planta biogas

Planta de Biogás

A planta de biogás da Finca Mouriscade foi instalada en 2013 para o tratamento biolóxico de residuos orgánicos co xurro da gandería e os restos das mostras do laboratorio. A instalación está preparada para producir 30 kw/h, utilizados para o autoconsumo no centro.

A planta de biogás, transcorridos uns días, a través dun proceso biolóxico en ausencia de osíxeno, permite obter un dixestato con mellores características que o fertilizante de partida, máis homoxéneo, máis fácil de manexar e de mellor olor ao espallalo sobre o terreo.