Servizos > Gandería

imagen_ganaderia

Gandería

Servizo de implantación de embrións

A Finca Mouriscade ten un servizo de implantación de embrións tanto propios coma alleos. Os animais dos que se extraen os embrións, titularidade da Deputación, están cualificados cun elevado índice ICO a nivel estatal.

Este servizo permítelles aos gandeiros da provincia de Pontevedra implantar, na súa explotación, embrións procedentes dos animais seleccionados da Finca Mouriscade, para mellorar a xenética da súa explotación e incrementar así as capacidades produtivas e de calidade do seu gando.

Ensaios forraxeiros

As parcelas da Finca Mouriscade, ademais do aproveitamento forraxeiro, permiten levar adiante diferentes ensaios de cultivos de millo e pradeiras, así como de diferentes fertilizantes.

Desde hai varios anos a Finca colabora con diferentes casas comerciais en ensaios de campo para que os gandeiros poidan comprobar os resultados in situ e tomar as decisións máis axeitadas aos seus intereses.