Calidade

calidade

Calidade

Calidade

A Deputación de Pontevedra, consciente das novas regras de competencia técnica para os laboratorios de ensaios, traballa para mellorar a calidade dos servizos prestados pola Finca Mouriscade e acadar un nivel recoñecido por un organismo acreditador. Desde 2005 conta cunha acreditación ENAC

Para conseguir a máxima calidade a Finca Mouriscade ten como obxectivos:

  • Asegurar que os ensaios se realicen segundo os métodos e as especificacións establecidos polos clientes
  • Asegurar a formación continua do persoal do laboratorio tanto en materia de ensaios coma de calidade
  • Asegurar que todos os ensaios que se realicen sexan sometidos a un rigoroso control de calidade que garanta a súa fiabilidade
  • Satisfacer as necesidades dos clientes, das autoridades reguladoras ou das organizacións encargadas do recoñecemento do laboratorio
  • Mellorar o servizo prestado aos clientes

Para cumprir os obxectivos establecidos a Deputación e a Finca Mouriscade comprométense a:

  • Cumprir os requisitos da norma internacional ISO/IEC1 17.025
  • Asegurar que o laboratorio siga unhas boas prácticas profesionais
  • Asegurar o adecuado nivel do traballo do laboratorio para garantir a satisfacción dos clientes e a calidade dos ensaios realizados
  • Promover a adquisición dos recursos materiais e humanos necesarios para conseguir o mencionado obxectivo

O laboratorio da Finca Mouriscade participa en circuítos de intercomparación de análises coma BIPEA (Bureau Interprofessionnel D´Études Analytiques) e ASFAC para conseguir a máxima fiabilidade nos resultados, o que os clientes valoran moi positivamente.